martes, 20 de febreiro de 2024
A voltas co planetario
Seguimos traballando no noso planetario e cada vez queda menos para velo rematado. Estas semanas estamos redactando as explicacións que acompañarán as imaxes no planetario. Traballo pouco visible pero que despois será imprescindible para as nosas sesións. Agora só falta que deixe de chover e podamos ir a ver estrelas.
martes, 6 de febreiro de 2024
Conmemorando as nosas científicas do presente o do futuro
Outro ano máis traballando sobre as nosas científicas con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia.
Nesta ocasión centrámonos en traballar cos máis novos do club nunha exposición sobre figuras femininas da investigación científica.
mércores, 31 de xaneiro de 2024
Aprendemos a enxertar as nosas froiteiras
E que mellor mestre que un dos membros da xeración máis sabia, os nosos avós.
Aprendimos a enxertar de forma práctica e bebendo dos saberes tradicionais trasmitidos pola xeración dourada.
xoves, 18 de xaneiro de 2024
Contra vento e marea
O pasado curso foi necesario retirar as froiteiras da nosa horta por culpa dunhas obras no pavillón e por fin chegou o momento de replantalas na súa nova ubicación.
xoves, 16 de novembro de 2023
mércores, 15 de novembro de 2023
martes, 14 de novembro de 2023
Día da Ciencia
Mañá é o gran día e xa temos case todo listo
- O noso volcán espera entrar en erupción. Veremos se a erupción de Islandia non participa do día da Ciencia
- O fluído non newtoniano tamén está esperando demostrar as súas cualidades
- Os cartos malgaches durmen ao fresco por última vez antes de queimarse
- O esquelete espera tranquilo a moverse mañá
- Star Wars e o resto do cine non sabe o que lle espera.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















