Onte comezou a nosa relación co Programa de educación ambiental Patrimonio Natural. Tres horas nas que falamos de morcegos con 1º ESO A, de mamíferos mariños con 1º ESO B e de Xeodiversidade con alumnos de bacharelato.
martes, 24 de marzo de 2026
luns, 23 de marzo de 2026
xoves, 12 de marzo de 2026
Por fin o ceo dá unha tregua
Así que imos aproveitar para ver o ceo. Quedamos onde sempre, no Faro de Brantuas, as sete e media o próximo luns 16 de marzo.
Non veremos Saturno pero si poderemos aproximarnos a Venus e a Xúpiter. Tamén teremos oportunidade de visualizar algunha nebulosa máis próxima a nós ca nebulosa do Cranio que vemos na imaxe.
venres, 13 de febreiro de 2026
Congreso da NOSA
O pasado 11 de febreiro participamos no congreso da NOSA que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. En primeiro lugar presentamos unha ponencia cos resultados da nosa investigación sobre os microorganismos da estratosfera.
Tras a pausa para comer realizamos un xogo de confraternización con todos os participantes no congreso.
A exposición de resultados é parte fundamental do traballo científico polo que valoramos moi positivamente estas actividades.
luns, 19 de xaneiro de 2026
xoves, 15 de xaneiro de 2026
Xa temos resultados
Aquí temos a mostra 5 do rato.
Fixemos cultivos de ratos e de teclados para ver se había diferencias significativas.
Xa temos gran cantidade de bacterias para comezar a análise
luns, 12 de xaneiro de 2026
Novo proxecto de investigación
Lanzamos o proxecto de investigación deste curso:
"Microorganismos nos ordenadores Edixgal"
A primeira fase será a recollida de mostras para o seu posterior cultivo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






