martes, 19 de febreiro de 2019
Visita a Traba
Depois dunhas primeiras horas desapacibles o tempo respectou a nosa saída de campo a Traba de Laxe.
Empezamos a xornada cunha charla sobre os ecosistemas dunares a cargo de Fernando, o noso guía, para saír camiño do areal de Traba onde realizamos un traballo de campo.
Unha vez nas dunas puxemos en práctica o aprendido realizando unha investigación para atopar os distintos tipos de dunas e identificar a vexetación característica de cada unha delas (Epicollet) Para os despistados lembrade que tedes que subir os datos na aplicación.
Unha breve pausa para comer e iniciamos os tranxectos para realizar o censo de aves.
Un día de campo e moito material para analizar.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario