martes, 9 de abril de 2019

VESTIXIOS EVOLUCIÓN HUMANA

Dende a aparición do primeiro homínido hai millóns de anos ata hoxe en día a evolución presentou moitos cambios físicos e psicolóxicos no ser humano. Isto lévanos a ver unha serie de vestixios, que son os rastros que nos quedan dos nosos antepasados e que agora non son útiles pero tampouco malignos para o noso día a día.
Un exemplo moi curioso é un músculo que algunhas persoas teñen no antebrazo e que se pode apreciar cando o estiramos coa palma da man aberta cara arriba e xuntamos o dedo meñique co polgar. Ese era un músculo que lle daba unha maior axilidade aos nosos antepasados para trepar polas árbores e que se foi perdendo na evolución por unha serie de mutacións, como as moas do xuizo ou os músculos da lingua que nos permiten poñela e forma de "u".

Ningún comentario:

Publicar un comentario