Este concurso está deseñado para simular todos os aspectos dunha misión real de lanzamento dun satélite, incluído o seu deseño, desenvolvemento, posta a proba, lanzamento, funcionamento e análise de datos dun traballo en equipo.
Que é un Cansat?É unha simulación dun satélite real integrado dentro do volume e forma dunha lata de refrescos.
O Cansat lánzase nun cohete a unha altitude aproximada dun quilómetro e despois déixase caer mediante un paracaídas. A partires dese intre comeza a súa misión, a cal consistirá na execuxión dun experimento científico, unha aterraxe sen datos e a análise dos datos recopilados durante o descenso.
Se queredes seguir esta aventura polas RRSS:
Twitter: @pontesatInstagram: @pontesat__
Ningún comentario:
Publicar un comentario