Tivemos unha gran tarde con moitas observacións interesantes como lavancos reais, cercetas, mazaricos ou biluricos.
Paporroibos e mitos poñían música ao noso paseo.
A xornada rematou saudando a tres visitantes temporais do esteiro, unha parella de parrulos rabilongos, un parrulo asubiador e un par de serretas medianas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario