mércores, 22 de maio de 2024

Peche festivo do Club de Ciencia 23/24

 


Este luns achegámonos á Coruña para seguir aprendendo e disfrutando coa ciencia. Neste

caso o noso alumnado de 3º e 4º visitou as instalacións do CITIC para coñecer os proxectos

nos que está a traballar parte da comunidade científica da UDC. https://citic.udc.es/gl/home-

galego-3/



Por outra banda, os máis pequenos visitaron a DOMUS e experimentaron sobre os sentidos

e outras cuestións relacionadas coa vida do ser humano.



Máis tarde xuntámonos todos para comer ao aire libre, botar algún que outro partido de

futbol no parque de Santa Margarita e visitar a Casa das Ciencias.



Esperemos que todos disfrutaran tanto como os organizadores da actividade e que o curso

que ven sigan apuntándose a aprender con nós!



Ningún comentario:

Publicar un comentario