Inflúe a Lúa nas nosas vidas.
Levamos dous cursos traballando na influencia da Lúa sobre os cultivos pero este curso volvimos a discutir a eterna polémica. Nacen máis nenos en lúa chea?
Inflúe a Lúa nas nosas vidas.
Levamos dous cursos traballando na influencia da Lúa sobre os cultivos pero este curso volvimos a discutir a eterna polémica. Nacen máis nenos en lúa chea?
Seguimos a voltas co noso mapa de especies invasoras e para mellorar decidimos aprender algo máis sobre os sistemas de información geográfica.
Tivemos unha gran tarde con moitas observacións interesantes como lavancos reais, cercetas, mazaricos ou biluricos.
Paporroibos e mitos poñían música ao noso paseo.
A xornada rematou saudando a tres visitantes temporais do esteiro, unha parella de parrulos rabilongos, un parrulo asubiador e un par de serretas medianas.
A semana que vén máis.
Cos traballos de preparación da terra.
Esta semana plantamos coles para delimitar a horta, a ver se conseguimos que non nos pisen o traballo
Para a semana que vén comezamos a plantar patacas: Aluaranse?
Coidamos o noso centro? Se non somos capaces de coidar o espazo no que estamos todos os días dificilmente poderemos coidar a nosa contorna.
Onde tiramos lixo e canto? Pois haberá que mirar
Comezamos o ano de paseo.
Seguimos co proxecto ao redor das aves do Anllóns: grabando cantos, facendo fotos e aprendendo.