Depois de que a semana pasada foran os alumnos de 3º da ESO os participantes na limpeza, esta semana correspondeulles aos alumnos de 4º ESO.
Seguimos avanzando no noso proxecto de concienciación
Seguimos avanzando no noso proxecto de concienciación
Tras dous anos de traballo temos dispoñible a aplicación "Sons do Anllóns" en galego e castelán.
O curso pasado empregamos a plataforma Birdnet para facernos cos cantos das aves da comarca. Unha vez ordenados nun banco de sons procedimos este curso a ordenalos nunha aplicación
Tedes máis información no seguinte enlace
O proxecto lunáticos está rematado e entregado no concurso "Incubadora de Sondaxes"
Por agora non podemos dicir nada dos resultados, pero a final de mes xa rematará o segredo.
Xa temos máis de 500 datos de nacementos. Non está nada mal para as limitacións que puxemos na mostra. Pero agora que facemos con iso? Pois será cuestión de pedirlle axuda ás matemáticas.
Inflúe a Lúa nas nosas vidas.
Levamos dous cursos traballando na influencia da Lúa sobre os cultivos pero este curso volvimos a discutir a eterna polémica. Nacen máis nenos en lúa chea?
Seguimos a voltas co noso mapa de especies invasoras e para mellorar decidimos aprender algo máis sobre os sistemas de información geográfica.
Tivemos unha gran tarde con moitas observacións interesantes como lavancos reais, cercetas, mazaricos ou biluricos.
Paporroibos e mitos poñían música ao noso paseo.
A xornada rematou saudando a tres visitantes temporais do esteiro, unha parella de parrulos rabilongos, un parrulo asubiador e un par de serretas medianas.