martes, 26 de novembro de 2024

Temos protocolo

 Un meseciño despois xa estamos producindo.

Decidimos empregar un medio xenérico para o cultivo (Agar nutritivo) e establecimos un protocolo.

Á volta de Navidad comezamos a fase experimental con 20 mostras. Dependendo do resultado ampliaremos a mostra máis adiante.

xoves, 14 de novembro de 2024

Por que se moven os ollos?

 

O pasado mércores 13 de novembro recibimos a visita do doctor Juan Pérez Fernández, neurocientífico do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo para falarnos de neurociencia. Máis concretamente dos nosos ollos e os seus movementos. Agradecemos sinceramente a iniciativa tanto da Universidade de Vigo como especialmente de Juan Pérez Fernández e esperamos volver a colaborar nun futuro.

martes, 29 de outubro de 2024

Como andan de microbios os teléfonos móbiles? Un estudo cuantitativo.

 Xa temos un proxecto científico en marcha. Imos analizar os microorganismos que viven nos nosos teléfonos móbiles. Comezaremos o traballo experimental co novo ano polo que estes meses temos que realizar fundamentalmente traballo de investigación bibliográfica:

- Medios de cultivo

- Tempos

- Temperaturas

- Protocolos



mércores, 9 de outubro de 2024

Un novo curso co club de ciencias en activo.

 


Comezamos o curso 24/25 con novas ideas e retos para o noso club.

Este curso ímonos unir ao proxecto CANSAT e o MARUMASAT que xa ía sendo hora de probar.

mércores, 22 de maio de 2024

Peche festivo do Club de Ciencia 23/24

 


Este luns achegámonos á Coruña para seguir aprendendo e disfrutando coa ciencia. Neste

caso o noso alumnado de 3º e 4º visitou as instalacións do CITIC para coñecer os proxectos

nos que está a traballar parte da comunidade científica da UDC. https://citic.udc.es/gl/home-

galego-3/



Por outra banda, os máis pequenos visitaron a DOMUS e experimentaron sobre os sentidos

e outras cuestións relacionadas coa vida do ser humano.



Máis tarde xuntámonos todos para comer ao aire libre, botar algún que outro partido de

futbol no parque de Santa Margarita e visitar a Casa das Ciencias.



Esperemos que todos disfrutaran tanto como os organizadores da actividade e que o curso

que ven sigan apuntándose a aprender con nós!



luns, 29 de abril de 2024

Saía á praia

 



O noso alumnado de 1º de ESO e algún de 3º participa un ano máis na actividade proposta pola Asociación Ambiental Chelonia. 

Durante a xornada a nosa rapazada recolleu 80,44 kg de residuos da praia da Ermida, aprendeu qué debemos facer para coidar que os plásticos non danen o medioambiente e sobre todo desfrutou dunha mañá ó aire libre nun entorno extraordinario.

 





venres, 26 de abril de 2024

Recibimos a Carmen Rivas para falar de virus e cancro

 



A colaboración co CIMUS continua e hoxe tivemos o pracer de falar con Carmen Rivas, investigadora galega do CIMUS. 

Moitas grazas pola visita pero xa avisamos que haberá que repetir porque foron moitas as preguntas que non deu tempo a responder.