Este mércores 5 de abril quedamos ás nove e media xunto á igrexa de Niñóns para mirar o ceo. Por se alguén quere ir preparando información comentámosvos algunhas das cousas que poderemos ver.
|
Imaxe da NASA, sonda Juno |
Sen dúbida destaca no ceo a presenza de Xúpiter, o xigante do Sistema Solar. Nestes días recibimos novas imaxes da sonda Juno que nos permiten aprezar mellor a interesante atmosfera deste planeta. (Tedes moita máis información no seguinte artigo,
Naukas)
As nove e vinte, mentres aínda esteamos colocándonos, atravesará a gran velocidade a constelación do dragón un satélite artificial.
Por suposto tamén poderemos ver as constelación máis características do hemisferio norte: Orión, Casiopea, Cefeo... Podes preparar os teus ollos mediante a aplicación
Stellarium.
Ningún comentario:
Publicar un comentario